PRENSA
"'Laboratorio, zoológico y museo', unha xoia que ten semellanza coas primeiras composicións dos Television de Tom Verlaine. Unha voz, a de Sergio Lameiras, evocadora do músico americano, e unhas guitarras que poderían competir coas incluídas no xa lexendario 'Marquee moon'.
Pablo Mourillo. 32 PISTAS
Los Cambiantes foron unha formación que mostrou na súa efémera traxectoria unhas grandes doses de orixinalidade e sensibilidade.
Unha historia da música en Galicia. Editorial Galaxia.
Su música seria y elaborada constituye la gran esperanza del rock orensano. Son absolutamente personales en lo que hacen, cuentan con un gran guitarrista y cada vez hacen mejores canciones.
Carlos Rego - La Voz de Galicia 1989
"Sus canciones, son pañuelos impregnados de imaginación y sensibilidad".
Rutal 66 - 1990 Marcos Álvarez
Cambiantes. Adiantarse ao seu tempo e facer unha proposta orixinal.
Movida. Atlantismo. Vangardísmo. Underground. Editorial Galaxia.
Los Cambiantes. Kamikazes rectilíneos, francotiradores con mira
infrarroja que se dejaron en la taquilla el sentimiento piadoso,
bigoteras desmadradas circunvalando tu cráneo con elipses de notas
y palabras. Nos vemos en la próxima enciclopedia del Rock.
RUTA 66 año 1993
Melódicos e innovadores.
Igor Cubillo.
Veteranos meticulosos, con acérrimos seguidores en la ciudad.
Jaime Noguerol. La Región.
Los Cambiantes construyen piezas de Rock-Trip.
J. Bosco López. La Región
REVISTA RUTA 66
De vez en cuando, uno se da de morros con grupos como Los Cambiantes y no puede más que poner de nuevo a centrifugar en la coctelera las dudas de siempre e intentar ordenar criterios y prioridades. No es una tarea cómoda y no suele estar reconocida, porque ni tan siquiera cuentan con el apoyo caritativo que se suele dispensar a los rompedores natos, a los subversores, a los terroristas. Supongo que es humano acmodarse a propuestas lineales, con más potencial adhesivo, y tanto mejor cuanto más nos remitan a sonidos ya asimilados. Pero no parece ecuánime ni consecuente, porque la reflexión nos lleva a determinar que los artistas realmente decisivos son lo que supieron elaborar, en su momento, SU manera de entender esta música. Sobre las bases sentadas por sus predecesores, está claro.
"Sí, es una cruz que se hace muy dura de llevar si la originalidad se convierte en incomprensión. Lo principal es creer en lo que haces. No sabemos si en nuestro caso esa cruz servirá para crucificarnos o se transformará en un salvavidas. Todo dependerá de si la gente está dispuesta a dejarse seducir por cosas diferentes o bien se mantiene en una posición conservadora". El que habla es Sergio Lameiras, líder de Los Cambiantes, amén de su peculiar cantante y guitarrista. Su hermano José golpea la batería, mientras Xurxo Labrador y Jesús Dopazo tañen respectivamente el bajo y la otra guitarra. El núcleo cambiantes se forja en el seno de Las Hierbas, un proyecto primerizo en el que figuraba Aser, más tarde batería de los también ourensanos Cosecha Roja. La formación ha sufrido desde entonces varios vaivenes, con entradas y salidas de Johnny y Carlos Durán (hoy técnico de sonido), hasta adoptar a primeros del 88 su nombre definitivo. Su primer trabajo fue en formato flexi-disco, de la mano de fanzine El Origen, en febrero del 90 (S.O.S / Untitled). Hasta los últimos días del 93 en el que llega su primer trabajo de larga duración "Laboratorio, Zoológico, Museo". Editado por Edigal.
"Tuvimos con ellos varias entrevistas a lo largo de todo un año hasta que se creó un compromiso, traducido en este primer disco" dice Sergio. "Rechazamos un contrato por tres año porque sabíamos que Edigal no iba a dar mucho más de sí. Es una discográfica con ideas muy conservadoras. También es cierto que la búsqueda de un contacto positivo en el mundo discográfico, a partir de las protocolarias maquetas, no obtuvo mejores resultados".
NO80s-GRUPOS NACIONALES
Grupo de Orense formado hacia 1986 por Sergio Río (voz y guitarra), José Flores (bajo y coros) y Carlos Durán (batería). El nombre tan especial, se debe a que define perfectamente su estilo musical, siempre esta en contínua evolución.Con una maqueta de mala calidad grabada en directo, al año siguiente se fueron a grabar otra nueva pero ya en el orensano estudio ubicado en el Taller de música Joven que, al poco tiempo, comenzó a ser radiada en las emisoras de caracter mas underground.El primer concierto lo dieron en 1988, al que siguieron otros no solo en su ámbito local, sino lejos de él, como el que ofrecieron en Barcelona. En ellos se podían escuchar temas de sus maquetas, además de alguna que otra versión de grupos tan dispares como el 'Tonight' de Iggy Pop o 'No se mi nombre' de Los Bravos.A partir de sus seis maquetas, en 1990 debutaron discograficamente, con en Flexi-single para el fanzine coruñés "El Origen", que incluía 'S.O.S./Untittled'. El sello encargado de la publicación fue Flexi Records.En 1993 salía su primer Lp, un trabajo autoproducido que llevaba por título 'Laboratorio, zoológico y museo'. Contenía los temas 'Zoo', 'Mas allá de la experiencia', 'Nacido en una caja de cartón', 'Hombre de hielo', 'Ayer', 'Buen momento', 'Lejos de todo', 'Cadenas', 'T.V.' y 'En las aguas del río'.
Redacción NO80s. Pedro J. Pérez.
(Aportaciones: 18rodas.blogspot.com)
UNHA HISTORIA DA MÚSICA EN GALICIA

LOS CAMBIANTES Orixinalidade e sensibilidade
Comenta José Lameiras Vilanova (baixo):Empezamos antes do rollo indie, por aquela época considerabamos que o noso era cultura underground (e nesa definición atopabámonos cómodos). Para ser sinceros, todo aquilo que viña do movemento indie non nos resultaba nin musicalmente nin esteticamente demasiado interesante, salvo algunhas excepcións como Manta Ray ou Tarik y La Fábrica de Colores.
En certo modo si que podiamos considerarnos pioneiros en manter a máxima independencia á hora de crear e xestionar a nosa música. Por aquela época non dispuña- mos de economía nin de infraestrutura, pero contabamos con talento e actitude. E foi suficiente. A filosofía punk do "faino ti mesmo" sempre a tivemos moi presente. Aínda que sexa pretensioso dicilo, creo que fomos pioneiros nalgunhas cousas. Grazas a que Sergio estudou son, fo- mos os primeiros en dar o paso e facernos cun pequeno equipo de son, creamos un selo discográfico e acabamos construíndo o noso estudio de gravación, Xingreira, un estudio doméstico e moi limitado en canto a espazo e equipamento, pero que nos deu moita liberdade á hora de rexistrar e experimentar coas técnicas de gravación.Sempre tivemos as ideas moi claras do que queriamos e sempre tentamos ser autosuficientes para poder facer as cousas como nós queriamos facelas. Ao mesmo tempo, creamos xunto a outros amigos músicos a asociación Demos e durante un ano e pico organizamos moitos con- certos na Casa da Xuventude de Ourense, concertos de todo tipo de música desde hardcore ata indie pasando por blues. Tamén organizamos a primeira expo de fanzines de música independente de Galicia.
Los Cambiantes foron unha formación que mostrou na súa efémera traxectoria unhas grandes doses de orixinalidade e sensibilidade. Adiantarse ao seu tempo e facer unha proposta orixinal, ás veces trae a incomprensión... "É unha cruz moj difícil de levar se a orixinalidade se converte en incomprensión. O principal é crer no que fas. Non sabemos se no noso caso esa cruz servirá para crucificarnos ou se transformará nun salvavidas. Todo dependerá de se a xente está disposta a deixarse seducir por cousas diferentes ou ben se mantén nunha posición conservadora", comentaba Sergio Lameiras (voz e guitarras).
A banda fórmase en 1987 en Ourense cos irmáns Lameiras, Sergio e José (baixo), e Carlos Durán (batería). Con influencias dos 60 e de grupos da new wave como The Sound, Television, The Dream Syndicate ou Echo & The Bunnymen, móvense principalmente por Galicia, aínda que fan algunha escapada a Madrid e Barcelona.
O seu nacemento está asociado á disolución de Las Hierbas, onde, á parte de Sergio e José, estaba na batería Aser Álvarez (posteriormente batería de Cosecha Roja).
Comezan gravando maquetas, coma calquera grupo da época. A primeira realmente era un sucedáneo de maqueta, xa que estaba gravada en directo e o son deixaba moito que desexar. O seguinte paso foi gravar unha de forma máis pro- fesional, no estudio do Taller de Música Xoven de Ourense. Chegan a ter máis de vinte composicións propias, ao que hai que sumar algunha versión como o "Tonight" de Iggy Pop ou "No sé mi nombre" de Los Bravos.
A súa primeira referencia é o flexi editado polo fanzine coruñés El Origen: S.O.S (El Origen, 1990), con dúas cancións -"S.O.S." e "Untitled"- gravadas no Taller de Música Xoven de Ourense. "S.O.S." é un corte que destila suor eléctrica e déixanos un amargo sabor azul nos dentes, armado con toques pospunk e new wave que tamén alagan "Untitled". Un medio tempo máis luminoso e menos opresivo, ritmos suaves armados a base de elaboradas cordas.
Naquela época en Ourense destacaban formacións como Bragas Sucias ou Cosecha Roja. Los Cambiantes eran unha rara avis na cidade. Loitaron por sacar a súa proposta adiante, aínda que sempre se queixaron do duro que resultaba e das poucas facilidades que tiñan os grupos máis underground para tocar naqueles anos: "Merece a pena tocar en todos os locais por cutres que sexan, pero realmente o cir- cuíto de locais onde se pode tocar é mínimo e non creo que satisfaga as necesidades dun grupo que estea disposto a deixar a pel no escenario. Pero o máis penoso é que as 'salas grandes, sobre todo en Galicia, contraten grupos españois de primeira fila ou mesmo estranxeiros, e non programen actuacións de grupos que están a empezar e que o día de mañá poden ser eses grupos que hoxe contratan como estrelas"", comenta Sergio.
Pronto se producen cambios na formación, Carlos Durán abandona o grupo por motivos laborais, e ante as dificultades para atoparlle un substituto ás baquetas, José Lameiras deixa o baixo e colle a batería. Entra Jesús Dopazo como segundo guitarra e Xurxo Labrador ao baixo.
Sergio Lameiras monta o seu propio estudio de gravación, Xingreira, e nel gravan o seu primeiro disco: Laboratorio Zoológico Museo (Edigal, 1993). Dez cortes gravados no estudio doméstico e nun 4 pistas, suplindo a falta de medios con orixinalidade e creatividade. Por ese mesmo estudio, Xingreira, pasarían bandas ourensás como Burgas Beat e Lamatumbá.
O certo é que a banda busca un contrato discográfico e o único selo disposto a editarlles un disco é o compostelán Edigal. Manteñen entrevistas coa discográfica ao longo dun ano enteiro ata que se poñen de acordo e todo se concreta para o seu primeiro longo en vinilo. Rexeitan de entrada un contrato por tres anos, porque ven que o selo non se vai im- plicar demasiado. Nin vai investir moito na gravación nin na promoción. Todo iso tradúcese nun disco cunha produción escasa de medios e unha promoción e distribución posterior deficiente. Explica José Lameiras:
A gravación do disco foi moi, moi complicada, moi difícil por culpa das limitacións de espazo e equipo. Gravámolo nun cuarto e nun catro pistas! Xa estabamos na era dixital e o número de pistas para gravar era ilimitado... Agora escóitoo e na miña opinión os traballos de Sergio e Jesús nas guitarras parécenme sensacionais, moi creativos. As composicións e estruturas das cancións séguenme parecendo moi imaxina- tivas. Durante a gravación, o disco Marque Moon (1977) de Television sobrevoaba o estudio todos os días da gravación. Aprendemos moito gravando Laboratorio Zoológico Museo, pero tamén foi moi esgotador. Tivemos que tirar de enxeño para conseguir o son que as cancións necesitaban. Había que tentar facer o menor número de tomas de gravación porque as cintas magnéticas de 4 pistas, cantas máis pasadas de gra- vación se fixesen, ían perdendo fidelidade, calidade. O que supuña máis tensión á hora de gravar. Pero as ganas de facelo e a boa onda que había nos Cambiantes por aquela época axudounos a terminalo. Non se fixo unha masterización do disco por falta de diñeiro. Un erro. Creo que Laboratorio Zoológico Museo foi o primeiro disco dun grupo de Ourense gravado e producido nesta mesma cidade.
Ritmos pospunk e new wave son os protagonistas dunhas composicións cunha grande orixinalidade, sensibilidade e intimismo nas voces... "Valoramos a canción máis que o seu son ou a forma de tocar, pero non máis que a súa personalidade"?. E unha mágoa que a banda non dispuxese de máis medios á hora de gravar e producir o disco, sobre todo no tratamento das voces, ás que non se lles tira todo o partido.
En cortes como "Zoo" e "Nacido en una caja de cartón" déixanse levar polas atmosferas enrarecidas, polos longos desenvolvementos instrumentais en que a voz se converte nun transmisor de emocións. Tom Verlaine e Television roldan por moitos cortes, tamén Adrian Borland e The Sound.
"Hombre de hielo" presenta longos desenvolvementos que se moven entre o rock progresivo e a new wave; men- tres que en "Ayer" e "Buen momento" móstranse máis accesi- bles. "T.V." é un dos mellores cortes, axuntando contundencia, sensibilidade e intensidade.
O disco ten unha boa acollida no ambiente underground, alcanzando numerosos fanzines, emisoras de radio, a TVG e Ruta 66. En decembro de 1994 aparece apuntado o disco nesta revista por Manuel L.: "Los Cambiantes son o grupo que fai á xente feliz porque lles outorga un obxecto para amar ou para odiar. Kamikazes rectilíneos, francotiradores con mira infravermella que deixaron no despacho de billetes o sentimento piadoso, bigoteiras desmadradas circunvalando o teu cranio con elipses de notas e palabras".
A idea era gravar un segundo disco, mesmo se achegan aos estudios Kirios (Madrid) e Lorenzo-Records (Bilbao) para gravar o material, acompañados polo percusionista Marcos Vázquez. Pero a banda sofre un novo revés, Sergio Lameiras trasládase a vivir a Madrid para traballar como técnico de son e iluminación en Telemadrid (actualmente é o xefe técnico do Teatro Principal de Ourense) e a banda disólvese.
José Lameiras, Jesús Dopazo e Xurxo Labrador crean unha banda xunto a Nate Borrajo na voz e Josito Porto (Korosi Dansas) ao baixo, o quinteto Magritte e publican un EP titulado Vendaval (Arteficción, 2010). José Lameiras tamén toca a batería na banda Best Life (Under Your Seat).
Co tempo, José, adicáse de cheo ao activismo cultural e á poesía, editando ata agora 3 poemarios: Entrega y Demolición, Contragolpes, En el frío de la navaja e Nueva plegaría eléctrica más allá del ruido.
LABORATORIO, ZOOLÓGICO, MUSEO. Por Igor Cubillo.
En tiempos de exaltación minoritaria de las virtudes de Silvania, Alias Galor y demás experimentadores sónicos, han quedado un tanto apartados los Cambiantes, gallegos liderados por Sergio Lameiras que igual- mente se consideran exponentes de «la vertiente más arriesgada del panorama rock español». Títulos como «Hombre de hielo» o «Nacido en una caja de cartón» (una frase vale más que mil palabras) forman parte de un disco en que, si bien ocasionalmente los teclados aportan mayor cromatismo, la esforzada guitarra ahonda en una torturada densidad sonora siempre afianzada por el tono épico de la voz en segundo plano. Ruidosos con matices, melódicos e innovadores, ofrecen propuestas miradas de reojo hasta por aquellos más abiertos a la captación de frecuencias. Pop rock codificado en un trabajo de apariencia sintética y difícilmente encasillable.

LOS CAMBIANTES. AUTOXESTIÓN E CULTURA UNDERGROUND
Los Cambiantes foron unha formación que mostrou na súa efémera traxectoria unhas grandes doses de orixinalidade e sensibilidade. Adiantarse ao seu tempo e facer unha proposta orixinal, ás veces trae a incomprensión...
Sergio Lameiras (voz e guitarras) comentaba:
"É unha cruz moi difícil de levar se a orixinalidade se converte en incomprensión. O principal é crer no que fas. Non sabemos se no noso caso esa cruz servirá para crucificarnos ou se se transformará nun salvavidas. Todo dependerá de se a xente está disposta a deixarse seducir por cousas diferentes ou ben se mantén nunha posición conservadora".A banda fórmase en 1987 en Ourense cos irmáns Lameiras Vilanova, Sergio e José (baixo), e Carlos Durán (batería). Con influencias dos 60 e de grupos da new wave como The Sound, Television, The Dream Syndicate ou Echo & The Bunnymen, móvense principalmente por Galicia, aínda que fan algunha es- capada a Madrid e Barcelona.
Sergio Lameiras monta o seu propio estudio de gravación, Xingreira, e nel gravan o seu primeiro disco: Laboratorio Zoológico Museo (Edigal, 1993). Dez cortes gravados no estudio doméstico e nun 4 pistas, suplindo a falta de medios con orixinalidade e creatividade. Por ese mesmo estudio, Xingreira, pasarían bandas ourensás como Burgas Beat e Lamatumbá.
O seu nacemento está asociado á disolución de Las Hierbas, onde, á parte de Sergio e José, estaba na batería Aser Álvarez (posteriormente batería de Cosecha Roja).
"O noso era cultura underground (e nesa definición atopabámonos cómodos). Podiamos considerarnos pioneiros en manter a máxima independencia á hora de crear e xestionar a nosa música. Por aquela época non dispuñamos de economía nin de infraestrutura, pero con- tabamos con talento e actitude. E foi suficiente. A filosofía punk do "faino ti mesmo" sempre a tivemos moi presente. Aínda que sexa pretensioso dicilo, creo que fomos pioneiros nalgunhas cousas.
Grazas a que Sergio estudou son, fomos os pri meiros en dar o paso e facernos cun pequeno equipo de son, creamos un selo discográfico e acabamos construindo o noso estudio de gravación, Xingreira, un estudio doméstico e moi limitado en canto a espazo e equipamento, pero que nos deu moita liberdade á hora de rexistrar e experimentar coas técnicas de gravación. Sempre tivemos as ideas moi claras do que queriamos e sempre tentamos ser autosuficientes para poder facer as cousas como nós queriamos facelas. Ao mesmo tempo, creamos xunto a outros amigos músicos a asociación Demos e durante un ano e pico organizamos moitos concertos na Casa da Xuventude de Ourense, concertos de todo tipo de música desde hardcore ata indie pasan- do por blues. Tamén organizamos a primeira expo de fanzines de música independente de Galicia".
Comezan gravando maquetas, coma calquera grupo da época. A primeira realmente era un sucedáneo de maqueta, xa que estaba gravada en directo e o son deixaba moito que desexar. O seguinte paso foi gravar unha de forma máis profesional, no estudio do Taller de Música Xoven de Ourense. Chegan a ter máis de vinte composicións propias, ao que hai que sumar al- gunha versión como o "Tonight" de Iggy Pop ou o "No sé mi nombre" de Los Bravos.
A súa primeira referencia é o flexi editado polo fanzine coruñés El Origen: S.O.S (El Origen, 1990), con dúas cancións -"S.O.S." e "Untitled"- gravadas no Taller de Música Xoven de Ourense. "S.O.S." é un corte que destila suor eléctrica e déixanos un amargo sabor azul nos dentes, armado con toques post punk e new wave que tamén alagan "Untitled" Un medio tempo máis luminoso e menos opresivo, ritmos suaves armados a base de elaboradas cordas.
Los Cambiantes eran unha rara avis na cidade. Loitaron por sacar a súa proposta adiante, aínda que sempre se queixaron do duro que resultaba e das poucas facilidades que tiñan os grupos máis undreground para tocar naqueles anos.
Sergio comenta:
"Merece a pena tocar en todos os locais por cutres que sexan, pero realmente o circuíto de locais onde se pode tocar é mínimo e non creo que satisfaga as nece- sidades dun grupo que estea disposto a deixar a pel no escenario. Pero o máis penoso é que as "salas grandes", sobre todo en Galicia, contraten grupos españois de primeira fila ou mesmo estranxeiros, e non programen actuacións de grupos que están a empezar e que o día de mañá poden ser eses grupos que hoxe contratan como estrelas".Pronto se producen cambios na formación, Carlos Durán aban- dona o grupo por motivos laborais, e ante as dificultades para atoparlle un substituto ás baquetas, José Lameiras deixa o baixo e colle a batería. Entra Jesús Dopazo como segundo guitarra e Xurxo Labrador ao baixo.
Sergio Lameiras monta o seu propio estudio de gravación, Xingreira, e nel gravan o seu primeiro disco: Laboratorio Zoológico Museo (Edigal, 1993). Dez cortes gravados no estudio doméstico e nun 4 pistas, suplindo a falta de medios con orixinalidade e creatividade. Por ese mesmo estudio, Xingreira, pasarían bandas ourensás como Burgas Beat e Lamatumbá.José explica:
"A gravación do disco foi moi, moi complicada, moi difícil por culpa das limitacións de espazo e equipo. Gravámolo nun cuarto e nun catro pistas...! Xa esta- bamos na era dixital e o número de pistas para gravar era ilimitado... Agora escóitoo e na miña opinión os traballos de Sergio e Jesús nas guitarras parécenme sen- sacionais, moi creativos. As composicións e estruturas das cancións séguenme parecendo moi imaxinativas. Durante a gravación, o disco Marque Moon (1977) de Television sobrevoaba o estudio todos os días da gravación. Aprendemos moito gravando Laboratorio Zoológico Museo, pero tamén foi moi esgotador. Tivemos que tirar de enxeño para conseguir o son que as cancións necesi- taban. Había que tentar facer o menor número de tomas de gravación porque as cintas magnéticas de 4 pistas, cantas máis pasadas de gravación se fixesen, ían per- dendo fidelidade, calidade. O que supuña máis tensión á hora de gravar. Pero as ganas de facelo e a boa onda que había nos Cambiantes por aquela época axudounos a terminalo. Non se fixo unha masterización do disco por falta de diñeiro. Un erro. Creo que Laboratorio Zoológico Museo foi o primeiro disco dun grupo de Ourense grava- do e producido nesta mesma cidade".Ritmos post punk e new wave son os protagonistas dunhas com- posicións cunha gran orixinalidade, sensibilidade e intimismo nas voces... "Valoramos a canción máis que o seu son ou a forma de tocar, pero non máis que a súa personalidade". É unha mágoa que a banda non dispuxese de máis medios á hora de gravar e producir o disco, sobre todo no tratamento das voces, ás que non se lles tira todo o partido.
O disco ten unha boa acollida no ambiente underground, alcanzando numerosos fanzines, emisoras de radio, a TVG e Ruta 66. En decembro de 1994 aparece apuntado o disco nesta revista
"Los Cambiantes son o grupo que fai a xente feliz porque lles outorga un obxecto para amar ou para odiar. Kamikazes rectilíneos, francotiradores con mira infraver- mella que se deixaron no despacho de billetes o sentimento piadoso, bigoteiras desmadradas circunvalando o teu cranio con elipses de notas e palabras".A idea era gravar un segundo disco, mesmo se achegan aos estudios Kirios (Madrid) e Lorenzo-Records (Bilbao) para gravar o material, acompañados polo percusionista Marcos Vázquez. Pero a banda sofre un novo revés, Sergio Lameiras trasládase a vivir a Madrid para traballar como técnico de son e iluminación en Telemadrid (actualmente é o xefe técnico do Teatro Principal de Ourense) e a banda disólvese.